Sábado. 27.07.2024
El tiempo

QPC resaltou a importancia da educación cívica dixital no IES Fernando Blanco

QPC no IES Fernando Blanco
Ubaldo QPC no IES Fernando Blanco
QPC resaltou a importancia da educación cívica dixital no IES Fernando Blanco

Non hai manuais de instrucións para aprender a usar das novas tecnoloxías, as redes sociais, as novas canles de comunicación. E incriblemente os plans de estudo non inclúen en ningunha materia a educación cívica dixital. Por iso, cómpre loubar a intención da dirección do IES Fernando Blanco e do seu mestre, o vigués, André Pérez Iglesias, por axudar ao seu alumnado a ter certas ferramentas para manexarse pola rede sen deixarse enganar.

Xa tiveron un par de videoconferencias con profesionais estatais da comunicación, concretamente con Amaya Noain Sánchez (profesora de periodismo na Universidade Rey Juan Carlos Madrid) e con Raúl Vázquez Fernández (xornalista do programa Atrévete de Cadena Dial). E coa intención de achegarse un pouco máis a comarca, o centro invitou a Ubaldo Cerqueiro, responsable de QPC a desenvolver unha charla sobre a desinformación e as novas falsas.

Ubaldo fixo fincapé na necesidade de facer unha lectura crítica, e sobre todo, da repercusión, e da responsabilidade de cada un de nós cando prememos un “like”, compartimos algunha información, que pode ser ou non un “bulo” nas redes sociais, ou a través do whastapp.

O alumnado realizou tamén unha pequena tarefa para descubrir se tres novas presentadas eran falsas, apllicando criterios repasados durange a charla.

Polo menos, que quede esa semente da necesidade de ler con consciencia, e da responsabilidade que temos cada un de nós cando compartimos unha nova.

Máis novas

Comentarios