sábado. 04.10.2025
El tiempo

As radios locais conéctanse con Europa

Xunta coord Colexio xornalistas
As radios locais conéctanse con Europa

Representantes das radios locais de Galicia, Andalucia e Catalunya reunironse no Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela para avanzar nunha programación conxunta sobre a Unión Europea denominada “Conexión Europa”. A iniciativa desenvolverase durante os próximos doce meses e está aberta ás propostas que cheguen dende cada unha das emisoras municipais.

Concretaráse unha estratexia global de comunicación arredor do consumo de proximidade sobre os produtos de quilómetro cero. Asimesmo abordaráse a igualdade de xénero, adaptación ao cambio climático, migracións, pesca e agricultura sostible. Tamén se tratará de economia social e solidaria, innovación, ciencia,  competitividade da industria, urbanización sostible, avellentamento e participación cidadán. Faráse fincapé nos valores da identidade europea e na Declaración Universal dos Dereitos Humanos cando indica que “toda persoa ten os dereitos e liberdades (…) sen distinción algunha de raza,cór, sexo, idioma, relixión opinión  política ou de calquera outra índole”.

Con esas temáticas realizaránse podcasts, videos para redes sociais, coloquios con público en directo e programas de radio tradicional.

A reunión celebrada esta semana asistiron representantes de Emisoras Municipais Galegas (EMUGA – Radiofusión) (entre as que se atopa a radiONeria de Corcubión), Emisoras Municipales de Andalucia (EMA-RTV), e da Xarxa de Catalunya (RTV Cardedeu) que agradeceron a colaboración prestada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e polo Museo do Pobo Galego. O proxecto “Local Connections for European Cohesion” conta coa colaboración da Comisión Europea.

Comentarios