Santiago Jiménez repasa con COSAL a situación do pobo saharaui


Volve o Colectivo solidario COSAL Costa da Morte ao ataque. E o fai cunha nova charla para repasar o estado dun conflito que, por momentos, parece esquecido: a situación do pobo saharaui.
A charla programada polo colectivo terá lugar o vindeiro xoves 1 de marzo, ás 20:15h na Terraza do Hórreo. E o protagonista será un experto na materia, como é Santiago Jiménez, coordenador do Observatorio Galego para o Sahara Occidental (OGSO), e membro do Secretariado da Coordenadora Estatal de Asociacións Solidarias co Sáhara.
Santiago falaranos da situación da población saharaui que vive baixo o dominio marroquino en contraposición á situación de debilidade dos campamentos, despois de máis de 30 anos no deserto. Gran coñecedor destas realidades, de seguro poderemos conversar con el sobre este drama, tan ignorado polos gobernos, os medios e mais as sociedades europeas.
Charlas palestinas
Ademais, en breve o colectivo costeiro retomarán as charlas sobre Palestina que xa realizaron en Corcubión e Carnota. Durante este mes de marzo desenvolveranse en Muxía e Vimianzo, aínda en datas por determinar.
Novas relacionadas
- COSAL condena o agravamento da situación no Sáhara.
- Mohamed Safa: “O pobo árabe ten fame, pero de dignidade”.
- A Costa sinte a ocupación israelí.
- Unha expedición da Costa toma nota do conflito en Palestina.
- Cee cambia o rumbo da economía mundial.
- A Costa da Morte boicotea Israel.
- A Costa repasou a situación en Israel con Alberto Pradilla.
- Cee solidarizouse con Palestina a base de gargalladas.
- Redacción de QPC ([email protected]).