Santiago Llovo presenta o traballo de investigación más serio que se fixo sobre Corcubión dos séc. XVIII, XIX e XX
10:14 14/01/26
O vindeiro xoves 22 de xaneiro, a Casa da Cultura de Corcubión acolle ás 19:00h unha presentación especial. Santiago Llovo Taboada presenta “Corcubión, a súa historia salgada”, o que pode ser o traballo de investigación más serio que se fixo nunca sobre Corcubión dos séculos XVIII, XIX e XX.
Publicado por Andavira Editora, relata a realidade dos últimos 300 anos de historia do pobo corcubionés, con historias de salgaduras e madeiras.