Saulo Fernández lanza @CuentayExagera, “un fenómeno do chisme”

Con ilusión traemos ás liñas de QPC un novo paso da carreira meteórica dun rapaz de Corcubión que triunfa na televisión estatal. Saulo Fernández, o xornalista especializado en prensa rosa, lanza un novo podcast. Cuenta y Exagera chega disposto a revolucionar o panorama con entrevistas sen filtrar, con moito humor e as historias máis suculentas dos personaxes máis relevantes da actualidade. Cotilleo por riba de todo, sen censuras. “Un fenómeno do chisme”, vacilan con fachenda.
Así é o programa no que está lanzando o corcubionés, nado na canteira de radiONeria, e que conta con colaboradores moi televisivos (na meirande parte na parte de guión) como Alejandro Vigara (Telemadrid), María Molero, (Telemadrid), Laura Rubio e Juanma Jerez (TVE).
Xa van dous programas realizados. O primeiro foi con Daniela Requena como convidada. Xornalista, influencer LGTBI, colaboradora de televisión e ex concursante de Pesadilla en el paraíso, tivo dardos para todo o mundo.
O segundo programa é con Marta Riesco, outra influencer.