sábado. 07.12.2024
El tiempo

Sixtema, a empresa do corcubionés Alejandro Lamas, recibe en Santiago un Premio á Excelencia Empresarial

Alejandro Lamas recibindo o premio a Sixtema do Concello de Santiago
Alejandro Lamas, á dereita, recibindo o premio a Sixtema do Concello de Santiago
Sixtema, a empresa do corcubionés Alejandro Lamas, recibe en Santiago un Premio á Excelencia Empresarial

Esta semana o Concello de Santiago entregaba os III Premios de Excelencia Empresarial. Un recoñecemento á labor das empresas que “axudan a construír unha Compostela mellor para todos e todas, e axúdannos a avanzar no reto compartido que é lograr unha sociedade máis xusta”.

Entre as 7 categorías, unha das empresas que levou o premio de 6.000€ ten adn da Costa da Morte. O corcubionés Alejandro Lamas, “Jan”, é o director de Sixtema, que levou o recoñecemento na categoría de “Boas prácticas en materia de innovación e ciencia aplicadas ao modelo de negocio”. “Sixtema” foi unha empresa pioneira no seu día, hai 20 anos, e a día de hoxe proporciona asesoramento especializado e desenvolve novas ferramentas dixitais innovadoras e personalizadas.

”Este prestixioso recoñecemento destaca a nosa aposta pola tecnoloxía, a innovación e o desenvolvemento de solucións dixitais que marquen a diferenza en Galicia e fóra dela”, sinala a empresa nas redes sociais. “Nada disto sería posible sen o esforzo, talento e dedicación do noso equipo, que contribúe cada día a transformar os retos que atopamos en oportunidades”.

Outras empresas premiadas foron Abeluria Sociedade Cooperativa Galega e Sacauntos Sociedade Cooperativa Galega (en materia de conciliación), I-Grape Laboratory S.L., (en materia de economía circular); a tenda Boles e Acivro Xoias (en comercialización); a Cooperativa Cidadanía e Cogami Reciclado de Galicia (en materia de economía social); Creafogar e Prefapp Cloud Consulting (en materia de reter talento).

Comentarios