Venres. 26.04.2024
El tiempo

Un home sufríu un accidente cando rodaba en bicicleta por Corcubión

Un home sufríu un accidente cando rodaba en bicicleta por Corcubión
Accidente en Corcubion-Foto-Senen Insua O home tivo que ser trasladado en Ambulancia-Foto-Senén Insua

Esta tarde de venres, arredor das 20:10h, un home de mediana idade sufría un accidente na Avenida de Constitución de Corcubión, mentres circulaba en bicicleta pola rúa xeral. Segundo parece, cando intentaba incorporarse á beirarúa a roda dianteira da bicicleta doblouselle e caeu batendo ca cabeza contra o chan quedando inconsciente, mesmo sangrando.

Unha veciña do lugar atendeuno ata a chegada da ambulancia na que foi trasladado ao hospital xa ca conciencia recuperada. O home, de orixe portugués chegou a Corcubión hai uns anos.

 

Accidentes 2017

Fonte

Comentarios