Unha homenaxe Histórica a Pepe Miñones, o Republicano de Honra


A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña nomeou ao corcubionés José Miñones Bernárdez Republicano de Honra 2018. E está en pleno programa de actos para celebrar a data e recuperar o nome daquel deputado republicano que tanto loitou pola Costa da Morte ata o seu asasinato no año 1936 polos franquistas. O gran valedor do tren das 3C (Coruña, Carballo, Corcubión) xa recibiu unha pequena homenaxe na súa vila natal, e agora faino a nivel provincial.
Onte, unha completa expedición rendía homenaxe na rúa coruñesa que leva o seu nome. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, lembrou que debemos combater a inxustiza de quen se empeña en impedir a restitución das víctimas do franquismo.
A súa filla Pilar leu unhas fermosas verbas que Blanco Amor lle adicou ao corcubionés, antes de facer a ofrenda floral e de ir facer un acto na libraría Moito Conto. Nuns actos aos que non quieron faltar representantes do Concello de Corcubión e de Vimianzo.
https://www.facebook.com/166476556697039/videos/1877214428956568/?t=2
Máis actos
Hoxe, mércores 11 de abril, haberá varias recepcións institucionals: no Reitorado da Universidade, polo Reitor da UDC; no Pleno da Deputación da Coruña e no Concello da Coruña, polo Alcalde.Para o xoves queda, ás 20:00h, a presentación oficial do Republicano de Honra na Real Academia Galega, cun membro da RAG, o historiador Luís Lamela e un representante da CRMH.
E o venres farase unhaofrenda floral e homenaxe ás vítimas do franquismo no Memorial da Avenida de Navarra (ás 19:00h) antes da Cea da República, no Hotel María Tryp do Paseo Marítimo. (Inscrición no 607506231 ou en crmhacoruna@gmail.com).
Novas relacionadas
- Marzo 18: Pepe Miñones, Republicano de Honra 2018.
- 2015: Corcubión lembrou a Pepe Miñones no 79 aniversario do seu fusilamento.
- Miro Villar: A prensa de Corcubión ao servizo da Costa da Morte desde 1890 (3ª parte).
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).