Volve a Pandeireta a Corcubión

08:02 24/10/13

Volven as clases de Pandeireta e Canto tradicional, así como de Baile á Corcubión da man da Universidade Popular de Corcubión. Son clases pensadas para pequenos a partir de 6 anos, e comezarán o primeiro martes de novembro nos seguintes horarios:
- Pandeireta e Canto Tradicional: martes de 17:45h a 18:30h.
- Baile Tradicional: 18:45h a 19:45h.
Para inscribirse poden chamar ao 672017749 ou enviar un correo a universidadecorcubion@gmail.com. Hai descontos para socios da asociación e da ANPA Alén do CEIP Praia de Quenxe.
Pero ollo, non vaia ser as que as foliadas sexan coa Pandeireta Pro!.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).