Venres. 18.10.2019
El tiempo

Unha Andaina para defender a Lagoa de Alcaián ante a invesión eólica

Participantes na andaina pola lagoa de Alcaián
Participantes na andaina pola lagoa de Alcaián
Unha Andaina para defender a Lagoa de Alcaián ante a invesión eólica
Medio cento de persoas participaron nunha andaina interpretativa pola defensa da lagoa de Alcaián

Este pasado domingo, medio centenar de persoas uníronse ao roteiro reivindicativo organizado pola Plataforma Non + Eólicos Bustelo Campelo Toural, e a entidade Verdegaia. Unha cita que serviu para poñer en valor gran riqueza medioambiental e paisaxística da Lagoa de Alcaián, un espazo natural protexido ameazado polo megaproxecto eólico, que terá 27 muíños.

Partiron de O Campelo (Coristanco), e ao longo do percorrido fixéronse varias paradas para observar e comentar a flora e a fauna do lugar, xa que na zona habitan varias especies vulnerables, tanto animais como vexetais, moitas delas en perigo de extinción. É o caso de pequenos réptiles como o lagarto silvestre, o pintafontes ou a ra de San Antón e aves como a tartaraña cincenta , o picanzo vermello ou o sisón. Precisamente para as aves, a instalación dos parques eólicos é particularmente perigosa xa que se relaciona a morte de numerosos exemplares con golpes producidos polas aspas dos aeroxeradores.

Unha especie ten especial relevancia: a Centaurea Ultreiae, unha das máis vulnerables da zona xa que este é o único lugar do mundo onde se pode atopar. Tamén se viron outras especies protexidas como a Lycopediella inundata, a Euphorbia uliginosa, ou a Spiranthes aestivalis.

Novas relacionadas

Comentarios