Sábado. 22.06.2024
El tiempo

Buscan “novos entrantes” no sector agrogandeiro para establecer un marco metodolóxico de apoio

EFA FONTEBOA
O EFA Fonteboa acolle o grupo de traballo
Buscan “novos entrantes” no sector agrogandeiro para establecer un marco metodolóxico de apoio

É o Centro de Promoción Rural un polo de actividade. Son varios os proxectos que conflúen no singular espazo formativo. Un deles é o Grupo Operativo Terractiva, integrado polo Laboratorio do Territorio (LaboraTe) -pertecente ao Campus Terra da USC en Lugo-, a Fundación Juana de Vega, a Cooperativa Horsal, a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos e a propia Asociación Fonteboa. Un grupo de traballo, no que ademais colaboran Slow Food Compostela, Eloy Galán e Granxas de Lousada, que traballa na elaboración dun “marco metodolóxico de apoio aos novos entrantes no sector agrogandeiro en Galicia”.

Denominan novos entrantes a todas aquelas persoas que se incorporaron por primeira vez ao sector agrícola nos últimos dez anos, e non contaban con experiencia previa en actividades agrarias.

O grupo, que conta con unha axuda de case 180.000 euros para un período de 24 meses, vén de lanzar o primeiro fformulario en liña para identificar a novos entrantes.

Nunha segunda fase, que se desenvolverá entre os meses de marzo e abril, as entidades que conforman o grupo operativo realizarán entrevistas persoais a unha escolma dos participanes, para poder afondar na caracterización de todos os perfís e problemáticas identificadas.

Se acabas de entrar no sector, cubre este formulario online.

Comentarios