Denuncian un novo roubo na Igrexa da Agualada

10:57 31/03/25
Xa son dous roubos nos últimos 5 días na Unidade Pastoral de Coristanco. A semana pasada era a Igrexa de Anxeriz (Entrecruces) a que sufría unha visita incómoda, e este domingo tocoulle á Igrexa de Agualada, recén restaurada. Abriron a porta á forza e levaron as caixas de cartos que doan os feligreses.
Os amigos do alleo entraron a roubar con “especial violencia”, segundo denuncia o párroco Manuel Mallo, provocando unha alarma social importante ao suceder no mesmo centro da vila, despois dunha noite na que a veciñanza denunciou o roubo de varios coches e o intento de acceder a algunha vivenda.
Piden así contundencia ás Forzas de Seguridade pola “indignación e indensión” que vive a parroquia.