mércores. 30.04.2025
El tiempo

Importante reforma na Igrexa de Agualada

Igrexa de San Antonio de Agualada-interior
Importante reforma na Igrexa de Agualada

Boas novas as que nos trae a Unidade Pastoral de Coristanco, pois a Igrexa Parroquial e Santuario de San Antonio en Agualada (Coristanco), vén de vivir unha profunda reforma interior.

Un edificio erguido en 1907, que foi trasladado dende a zona do cemiterio de Agrilloi ata o campo da festa, onde loxe a día de hoxe cada vez con máis atención, sobre todo os primeiros domingos de mes coincindo coa feira comarcal.

Dende o Consello pastoral explican que o edificio sufría moitas humidades nos últimos tempos. Xa hai uns anos que o anterior párroco botara o novo tellado, pero quedaba todo o interior. E durante estes primeiros meses do ano desenvolveuse unha completa renovación, lavando e pintando a pedra, renovando a instalación eléctrica, adquirindo novo material para a liturxia (manteis, megafonía, flores…) e mesmo renovando varios enganches das campás.

Igrexa San Antonio de Agualada reformada

O San Antonio segue collendo cada vez máis importancia na zona, a pesar de que o patrón da parroquia é San Lorenzo, e nos últimos anos, en paralelo á recuperación de accións tradicionais de Oca, tamén Agualada vive unha forte vinculación coa Novela e o 13 de xuño polo mesmo San Antonio.

Comentarios