O EFA Fonteboa oferta un curso para sacar o Carnet Europeo de Motoserrista

07:48 10/03/22
Continúa o Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa ofertando cursos para todo tipo de profesionais máis alá da formación de FP habitual. Desta volta organiza entre os días 28 e 31 de marzo, un curso de 20 horas para sacar o Carnet Europeo de Motoserrista.
Hai 8 prazas e o custe é de 220€ e 195€ polas taxas do exame.
Podes contactar no 981 733 051 ou en fonteboa@fonteboa.es.