O EFA Fonteboa propón unha finde de cogumelos

10:33 13/11/19
O Centro de Formación Rural EFA Fonteboa artella unha nova edición das súas Xornadas de Micoloxía. O venres 15 de novembro, comezan cunha charla básica para aprendermos a diferenciar os cogumelos máis típicos dos nosos montes.
Xa o sábado, haberá un roteiro matutino para posterior sesión de catalogación, preparación e degustación.