Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O GDR comparte cos horticultores da zona o proxecto cooperativo “Paisaxes Intelixentes”

GDRS Paisaxes intelixentes
O GDR comparte cos horticultores da zona o proxecto cooperativo “Paisaxes Intelixentes”

Esta semana as dependencias do CPR EFA Fonteboa acollía unha sesión informativa con horticultores do territorio para coñecer de preto o proxecto de cooperación "Paisaxes Intelixentes”. Un proxecto no que o GDR Costa da Morte participa xunto con outros 4 GDRs galegos: Asociación de Desenvolvemento Ribeira Sacra - Courel; Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes; Asociación de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela e Asociación de Desenvolvemento Local Deloa.

Neste acto os xerentes dos GDRs de Costa da Morte e da Comarca de Ordes fixeron unha presentación dos obxectivos, para determinar o interese dos asistentes en participar no proxecto poñendo en marcha parcelas experimentais coas variedades indicadas.

Así o proxecto ten como principais cabalos de batalla:

  • O fomento da planificación participativa para xerar iniciativas piloto de paisaxes intelixentes;
  • O impulso de canles e metodoloxía de planificación territorial;
  • A posta en valor das posibilidades dos distintos territorios para activar novas iniciativas que contribúan á recuperación da paisaxe;
  • A aportación de coñecemento e concreción de posibilidades das distintas zonas piloto;
  • O estudio das posibilidades de comercialización de produtos;
  • A formación e impulso ao cooperativismo e impulsar a transición enerxética.

GDRS Paisaxes intelixentes 2

Primeira acción

Así mesmo, informaron aos produtores de horta que asistiron á xuntanza sobre a primeira actividade que se está a poñer en marcha co proxecto, dirixida ao desenvolvemento de parcelas experimentais de distintas variedades de produtos de horta: tomates (Avoa de Osedo; Taller de Lubre; Negro de Santiago); pementos (Guláns e Entenza); Berza Riza e Repolo de Bergantiños.

Comentarios