SAL e SYSCA triunfaron no Memorial Carlos Servando e Campionatos Galegos de Distancias Curtas
Esta pasada fin de semana a piscina do do complexo deportivo Carballo Calero acollía o XXIX Memorial Carlos Servando. Estreado en 1992, foi o evento pioneiro do salvamento deportivo en Galicia que a día de hoxe segue sendo válido como Campionato Galego de Distancias Curtas.
Na cita, destacaron os dous clubs bergantiñáns en faena, obtendo ambos grandes resultados, que consolidan aos dous clubs bergantiñáns como referentes do salvamento deportivo galego e exemplo de traballo en equipo e formación de base.
O club local, o SYSCA, brillou con varias campionas galegas como Marta Eirís en 50m con obstáculos F e combinada salvamento F xuvenil, Andrea Goimil en absoluta.
Tamén o Club Salvamento Acuático Laracha – SAL, protagonizou unha actuación brillante no o, situando á gran maioría dos seus deportistas entre os dez mellores das súas probas. Destacan os ouros e podios de Pedro Caamaño, Noelia Loureiro, Lucía Añón, Iria Barreiro e Shaíla Rodríguez, así como dous relevos no podio.
Tamén subiron ao podio deportistas do Club Natación Santa Comba LB como Víctor Negreira.