Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Coristanco aposta polo saneamento

Lugar de Ervelleira Coristanco
O Lugar de Ervelleira terá saneamento
Coristanco aposta polo saneamento

A mellora dos accesos a Buxán, a renovación das travesías Charrúa e Calvario, da rúa Instituto e de camiños rurais nas parroquias de Couso, Oca, Cereo, Seavia, Agualada, Castro e Traba. A dotación de servizo de saneamento aos núcleos rurais de Rabadeiras, Sorribas, Rabuxante, Bormoio, Ervelleira, Nogueira e Carantos.

Estas son as obras que realizará o Concello de Coristanco co Plan Único POS+2020 da Deputación da Coruña, que supón un investimento de 497.967 euros.

As obras están en fase de licitación ata o 30 de xullo na Plataforma de Contratación do Estado.

Compre destacar a aposta do Concello polo saneamento. Este ano, o Concello destinará a maior parte dos fondos que lle corresponden (máis de 618.000 euros aprobados ata o momento) a dotar de saneamento a distintos núcleos rurais que carecen actualmente deste servizo.

Coristanco destina demáis este ano 110.334 euros a pagos a provedores e recibiu unha achega de 52.191 euros da Deputación para contribuír ao financiamento dos gastos sociais extraordinarios derivados da Covid19.

Comentarios