Denuncian “o novo cambio de versión do PP e o enésimo atraso do polígono industrial de Coristanco”
Segue paralizado o proxecto do polígono empresarial da Miñata. Un proxecto rescatado en 2020, cuio proxecto de expropiación se aprobaba en 2024, e que aínda non dá arrinca. Así o denuncia o PSdeG-PSOE, que lamenta “o novo cambio de versión do PP e o enésimo atraso do polígono industrial” logo de que o goberno local de Juan Carlos García volvese modificar as súas previsións sobre o polígono industrial coristanqués.
A parlamentaria socialista Patricia Iglesias lamentou que o Partido Popular “atrasa unha vez máis o inicio real das obras, empregando de novo
Segundo lembra a deputada no Parlamento galego, en marzo de 2026, a directora xeral de Estratexia
O voceiro socialista local José Manuel Pérez Abelenda lembra que “esta non é a primeira vez que o PP promete datas que nunca se cumpren” tanto no Concello de Coristanco como na Xunta de Galicia.
“En 2019, en plena precampaña, o entón presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou o polígono como proxecto estrela para a comarca, pero o proxecto de expropiación non se adxudicou ata comezos de 2024 e quedou paralizado meses despois”, indica o socialista.
Para Pérez Abelenda, a este historial de atrasos súmase agora outra contradició
“Abonda xa de mentir ao tecido empresarial e á veciñanza de Coristanco”
O voceiro socialista critica que o PP empregue o polígono industrial “como reclamo electoral cada catro anos, sen avances reais e sen respecto cara ao tecido empresarial, que precisa solo industrial para poder medrar”.
Pérez Abelenda subliña que esta infraestrutura “é imprescindible para o futuro económico do municipio e a falta dun polígono operativo está provocando que empresas marchen a outros concellos con mellore


