Unha nova depuradora para evitar as verteduras no ríos Vao, afluente do Anllóns

Imaxe da nova senda peonil

A semana pasada a Xunta anunciaba o financiamento urxente para a mellora do sistema de abastecemento tralos problemas acontecidos a comezos de ano. Uns problemas que, en termos de saneamento, se remontan durante anos.

Xa houbo que rescatar a esquecida depuradora de Vilaverde, pioneira no seu día, e mesmo se tardaron 3 anos en arranxar a de Portoquintáns.

Agora, é a Deputación da Coruña a que anuncia o financiamento da construción da nova EDAR de San Paio de Coristanco. A infraestrutura evitará as verteduras ao ríos Vao, afluente do Anllóns. O proxecto conta un orzamento total de 267.772 euros, polo que a entidade provincial asumirá o 80% do custo das obras, e vai na liña do “Proxecto Anllóns de Turismo sostible que promove a Deputación.

Cómpre lembrar que n actualidade, a rede de augas residuais discorre por gravidade e por diferentes ramais co fin de dar servizo a varios núcleos de poboación. Esta rede non ten tratamento previo polo que é prioritaria a instalación desta depuradora que realice posteriormente a emisión en condicións de salubridade e acorde a lexislación vixente.

As obras constan de novos colectores de saneamento, a condución das augas aos pozos de bombeo, que terán con dous motores cos que impulsar as augas residuais a planta de tratamento para a súa posterior saída.

Senda na AC-421 entre Valenza e Castrobó

No mesmo Concello, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar unha senda de peóns entre os puntos quilométricos 5+440 e 5+630 da AC-421, entre Valenza e Castrobó, que enlaza coa beirarrúa actual na marxe esquerda da estrada.

Novas relacionadas