Luns. 04.11.2024
El tiempo

O Proxecto Anllóns chámase ‘Os fogóns do Anllóns’ e aposta pola gastronomía

O proxecto vai competir para obter máis de 2 millóns dos Fondos Next Generation
CONSELLO DIRECCIÓN ANLLÓNS II copia
Consello de Dirección do Proxecto Anllóns
O Proxecto Anllóns chámase ‘Os fogóns do Anllóns’ e aposta pola gastronomía

Novo paso adiante do Proxecto Anllóns. Un proxecto que ademais de realizar unha senda verde de 53km, quere abranguer tamén outros eidos como a gastronomía.

Así se deriva da nova xuntanza realizada onte entre Deputación, a empresa EOSA Estrategia y Organización S.A, e os Concellos implicados (Laracha, Cabana, Carballo, Coristanco e Ponteceso), na que ademais se lle puxo nome ao Proxecto: ‘Os fogóns do Anllóns’.

O grupo avanza así nun proxecto que vai solicitar 2.133.000 euros, a financiar en tres exercicios cos Fondos Next Generation.

A hostalería é un dos focos, pois, desta nova saída do proxecto. Unha liña está enfocada á transición dixital, con asesoramento especializado para hostalería local, que tamén recibirá esforzos en materia de competitividade na procura do embelecemento dos establecimentos, con louza e manteis elaborados na zona.

Ademais, propoñen xerar unha rede de miradoiros e doutros espazos novos para usar, por exemplo, como praias fluviais; e tamén limpar e eliminar as especies invasoras nas beiras dos ríos.
Tamén enfoca o punto de mira na mellora da eficiencia enerxética, coa organización de servizos de paseo en embarcacións limpas, rutas de cicloturismo e alugueiro de bicicletas, mesmo en restaurantes, e, a través do longo sendeiro verde.

O responsable de turismo da Deputación, Xosé Regueira, asegurou que tamén van traballar co produto elaborado, e quixo descatar a importancia de poñer en valor o produto de quilómetro 0 como “o pan e as fabas de Carballo, a pataca de Coristanco, o berberecho de Baldaio, as cereixas de Paiosaco ou as angulas de Ponteceso, e as festas que se celebran arredor deles”.

Posterior á xuntanza celebrada en Cabana, a empresa presentou o proxecto ao empresariado local, estando presentes representantes de varios aloxamentos turísticos de Ponteceso, das empresas Surca e A Bordo de pesca e turismo náutico (Ponteceso), da Asociación de Mariscadoras do Anllóns, da Asociacion Senda Nova (Carballo), da Asociación Íntegro, Granxa A Devesa (Ponteceso) e Restaurante Río Sil (Carballo).

Outras novas

Comentarios