Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Comezan as obras para poñer a funcionar a depuradora de Portoquintáns, entregada hai 3 anos ao Concello de Coristanco

Duas novas bombas para a depuradora de Portoquintans en Coristanco
Dúas novas bombas para a depuradora de Portoquintáns
Comezan as obras para poñer a funcionar a depuradora de Portoquintáns, entregada hai 3 anos ao Concello de Coristanco

A estación depuradora de augas residuais de Portoquintáns foi construída e posta en funcionamento no marco do contrato de colectores xerais da depuradora de Vilaverde, sendo entregada o municipio coruñés no primeiro trimestre do ano 2017. Pero nunca se puxo en marcha.

A situación de abandono (non é a única depuradora esquecida) obriga á Xunta a realizar unhas obras de mellora para a súa posta en marcha. Estes traballos, adxudicados por un importe de máis de 43.000 euros, contan cun prazo de execución de 5 meses.

A instalación de Portaquintáns foi deseñada para sanear e depurar as augas xeradas por unha poboación equivalente a 600 habitantes, pero na actualidade o bombeo de cabeceira de depuradora non funciona, deixando a totalidade da instalación parada. Os traballos que se están a executar inclúen a instalación de dúas novas bombas, e a adaptación das instalacións eléctricas e autómata aos novos equipos. Posteriormente procederase a posta en marcha da estación depuradora.

Novas relacionadas

Comentarios