luns. 04.05.2026
El tiempo

O PSdeG de Coristanco denuncia a “falta de transparencia” do Concello coas analíticas da auga do pozo no Canosa-Rus

 

 

2 - PSdeG Coristanco 7 nov
Membros do PSdeG provincial e de Coristanco diante do CEIP
O PSdeG de Coristanco denuncia a “falta de transparencia” do Concello coas analíticas da auga do pozo no Canosa-Rus
Seguen sen aclararse, dende o pasado mes de novembro, a crise da auga do CEIP Canosa-Rus. 

Hoxe volve o PSdeG-PSOE de Coristanco denunciar que tivo que acudir á Valedora do Pobo para obter a información que levaba meses solicitando sobre as analíticas da auga do pozo construído polo goberno municipal no

O voceiro socialista local José Manuel Pérez Abelenda sinala que, a pesar da intervención da valedora, o executivo local só entregou as analíticas realizadas este ano, mantendo ocultas as iniciais, que son precisamente as que o PSOE leva reclamando desde o primeiro momento. 

Segundo Pérez Abelenda, esta ocultación prolongada confirma “a metedura de pata e o total oscurantismo co que actuou o goberno municipal, negándose sistematicamente a facilitar datos que deberían ser públicos e que afectan directamente á saúde da comunidade educativa”. 

“Estas analíticas finalmente entregadas revelan parámetros fóra da normativa”, o que, segundo o socialista, “supón que se puxo en risco a saúde do alumnado, profesorado e persoal do centro, tal como xa advertimos, ademais de todo o diñeiro público que se malgastou por actuar con total irresponsabilidade”. 

Pérez Abelenda lembra que, a pesar da advertencia, o alcalde “seguiu erre que erre, incluso afirmando en prensa que o voceiro socialista sementaba bulos e incertezas”, e considera que os feitos agora coñecidos avalan a súa postura e explican por qué o goberno municipal actuou con dita falta de transparencia. 

  Dende o PSdeG local critican con firmeza a actitude do alcalde e do goberno municipal, aos que acusan de “actuar con oscurantismo e prepotencia, e, ademais, facelo sen coñecemento nin coordinación coas autoridades sanitarias e educativas”. Considérano especialmente grave, tratándose dun asunto que afecta directamente á saúde pública e á seguridade do persoal e o alumnado do centro. 

Ante estes feitos, que Pérez Abelenda, califica de “gravísimos”, o Grupo Municipal Socialista anuncia que presentará unha iniciativa ao respecto desta cuestión no vindeiro pleno municipal.

 

Comentarios