xoves. 23.01.2025
El tiempo

Piden unha actuación contra as humidades e un AL para o CEIP Canosa Rus

BNG dani_canosa_rus copia
Visita do parlamentario Daniel Pérez ao centro coristanqués
Piden unha actuación contra as humidades e un AL para o CEIP Canosa Rus

O Colexio de Educación Infantil e Primaria Canosa-Rus, situado no lugar de A Braña, parroquia de Erbecedo, Coristanco, e conta con 143 alumnos. Como xa denunciou o PSOE, o centro sufriu os recortes da Xunta, que dificultan a atención educativa ao alumnado, nomeadamente ás crianzas con necesidades específicas de apoio educativo.

A ANPA do centro xa ten solicitado á Consellería que se dotase con máis persoal de Audición e Linguaxe para que o alumnado que presenta Necesidades Educativas Especiais (NEE) reciba un número de sesións semanais acorde ás necesidades que presenta. Igual que a equipa directiva, que solicitou da administración competente que se dotase ao centro cun mestre especialista en AL a media xornada.

Unha demanda que reitera o BNG, despois de visitar o parlamentario Daniel Pérez o centro.

Rehabilitación

Humidades no CEIP Canosa Rus

Alén das necesidades que atinxen á docencia e ao profesorado, o CEIP Canosa-Rus, precisa dunha actuación integral atendendo ao estado xeral do edificio e das diferentes dependencias. Actuación encamiñada a evitar as numerosas humidades que se aprecian en teitos e paredes, solucionar o problema de goteiras, actuar no estado actual de canalóns e tellado, mudar a instalación eléctrica, actuar no peche perimetral e, co fin de mellorar a eficiencia enerxética, substituír as fiestras actuais.

Máis novas

Comentarios