Santa Comba recoñece o traballo de José Manuel Arufe Rieiro
07:05 17/02/17
A asociación de empresarios de Santa Comba organiza par o 4 de marzo un xantar de recoñemento a José Manuel Arufe Rieiro pola súa traxectoria empresarial e por formar parte - en calidade de vogal e de vicepresidente - da entidade. Tamén se suma á iniciativa o concello de Santa Comba, recoñecendo o seu traballo como alcalde, e o Xallas Fútbol Clube, como membro da directiva e xogador.
O xantar celebrarase no restaurante casa Aurelio de Santa Comba e está aberto a todos os que desexen asistir. O prezo é de 25€ por persoa e poderanse recoller as entradas nas oficinas da asociación de empresarios ate o día 1 de Marzo.
Novas relacionadas
- Os Empresarios de Santa Comba organizan un taller de comercio electrónico e redes sociais
- Os Empresarios de Santa Comba denuncian o esquecemento do Concello e reivindican o seu Camiño
- Redacción QPC ([email protected])
- Empresarios de Santa Comba