A sociedade limpa o refuxio de Verdes
Sempre nos gusta recoñecer a laboura des@s voluntari@s que empregan o seu tempo libre en mellorar a nosa contorna natural. Sempre louvamos as limpezas de colectivos como Mar de Fábula, Senda Nova ou PX que se esforzan en coidar as nosas praias e os noso ríos.
Desta volta foron un grupo de voluntarios anónimos os que, a pasada semana, realizaron tarefas de recollida de lixo e acondicionamento en varios puntos da contorna do Refuxio de Verdes, un dos nosos máis prezados Recunchos da Costa. Dende o Concello de Coristanco queren agradecer esta implicación para a conservación e posta en valor dos espazos naturais do municipio e chamamos á colaboración de todos os visitantes deste entorno a coidar e mimar este paraxe natural incluído na Rede Natura e declarado LIC (Lugar de Importancia Comunitaria).
Novas relacionadas
- Abril 2021: A praia de Lago, outra sesión para “mobilizar conciencias para coidar o noso mar”.
- Outubro 2020: 17 sacos grandes de lixo menos na ribeira do río do Porto.
- Senda Nova, Mar de Fábula e PX únense á ADEGA para limpar os nosos ríos.
- Recunchos da Costa: O refuxio e a área fluvial de Verdes