Domingo. 09.05.2021
El tiempo

17 sacos grandes de lixo menos na ribeira do río do Porto

Exif_JPEG_420
Algunhas das desfeitas medioambientais rescatadas da xunqueira do río do Porto
17 sacos grandes de lixo menos na ribeira do río do Porto

Paralelo á Limpeza Simultánea das Praias, os colectivos PX Costa da Morte e Mar de Fábula xuntaron unha ducia de voluntarios (a organización lamentou a baixa participación), incluída a alcaldesa de Camariñas, que durante 2 horas de duro traballo, multiplicaron o seu esforzo para deixar libres de lixo plástico a xunqueira do río pola plaza do Outeiro e a ribeira da Agra de Dor.

O total da infame colleita foron 17 sacos grandes de 100 litros cheos de lixo plástico, botellas, envases e anacos de todo tipo, trapos, restos dun big-bag, chatarra enferruxada, botellas de vidro, 2 boias, unha caixa de peixe, un neumático e, na cabeceira da xunqueira, xurdiu o máis estrambótico dos residuos: desenterraron e deixaron ao aire (para ser retirada por un tractor con grúa), unha estructura de ferro composta polo capó dunha furgoneta e un armazón de ferro duns 5 metros de lonxitude que, segundo información de Rafael Lema, foi unha carrilana acuática construída e abandonada no río hai uns 3 anos.

Hoxe luns os servicios loxísticos do concello asumiran o transporte e a debida xestión das fraccións do lixo recollido.

Exif_JPEG_420

NOVAS RELACIONADAS

comentarios