Martes. 16.04.2024
El tiempo

A praia de Lago, outra sesión para “mobilizar conciencias para coidar o noso mar”

Exif_JPEG_420
Familia de Mar de Fábula ao remate da xornada de limpeza na praia de Lago
A praia de Lago, outra sesión para “mobilizar conciencias para coidar o noso mar”

Este pasado sábado, 15 adultos e 3 nenos participaron, e grupos de 6, na limpeza da praia de Lago, en Camariñas, convocada polo colectivo Mar de Fábula. “Nesta praia repítese sempre o mesmo esquema ao remate do inverno: o 90% do lixo plástico miudo acumúlase no fondo da praia cara ao interior da ría. Os ventos do SW, predominantes no inverno, teñen moito que dicir neste esquema”, explica Xosé Manuel Barros.

Despois de hora e media de limpeza, quixeron facer, coma sempre, a clasificación e análise do lixo apañado pero o vento do nordés, presente dende primeira hora da mañá, fixo imposible envorcar as bolsas na lona, pois os anaquiños de plástico saían voando coma paxaros.

Limpando a praia de Lago

En calquera caso, conseguiron recuperar da praia 1 estacha de 3 metros, 25 anacos grandes de plástico misceláneo, 40 envases e botellas de plástico, 8 latas de bebida, 2 nasas estructura de ferro, 15 cordas e cordeis, 2 solas de zapato e 20 bolsas cheas de lixo plástico miudo.

Co soporte loxístico do concello de Camariñas, situando 2 containers á disposición, encheron o verde de xenérico e un tercio do amarelo de envases, e continuarán coa súa teimade “mobilizar conciencias para coidar o noso mar”.

Novas relacionadas

Comentarios