Luns. 16.09.2024
El tiempo

180 persoas participaron no Xantar Solidario do EFA Fonteboa

180 persoas participaron no Xantar Solidario do EFA Fonteboa
180 persoas participaron no Xantar Solidario do EFA Fonteboa 180 persoas participaron no Xantar Solidario do EFA Fonteboa

Gran acollida ao IV Xantar Solidario “O cocido dos nosos lares” que artellou o pasado sábado o Centro de Promoción Rural EFA-Fonteboa. Unha iniciativa que serviu para recadar uns 1500€, que se repartirán entre Cáritas Interparroquial de Bergantiños e a Asociación Internacional de los Movimientos Familiares de Formación Rural (AIMFR). Un xeito directo de axudar tanto ás familias máis necesitadas da zona como a proxectos de formación de formación en países de América do Sur ou África, como ese fermoso proxecto no que está inmerso o Fonteboa formando a dous marfileños da man dunha a href="/a-ong-egueire-pide-o-compromiso-da-bisbarra-cunha-cea-solidaria/">ONG Egueire que tamén está organizando unha cea solidaria para o vindeiro mes.

Foron 180 as persoas que degustaron o cocido feito polas bravas do centro, que recibiron numerosas felicitacións. As aulas convertíronse en comedores para celebrar un evento organizado polos propios alumnos que participan no novedoso proxecto Sabor Emprendedor, que tanto lle está ensinando sobre a horta, pero tamén sobre economía real.

Antes de xantar, tocaba presentación Antes de xantar, tocaba presentación xantar-solidario-fonteboa-- alumnos do proxecto Sabor Emprendedor Os alumnos do proxecto Sabor Emprendedor xa saben facer de todo Non faltaron as gaitas Non faltaron as gaitas As cociñeiras foron moi loubadas As cociñeiras foron moi loubadas

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios