Xoves. 18.04.2019
El tiempo

29 deseñadores participarán no Concurso de Noveis Deseñadores da XXVI Mostra do Encaixe

29 deseñadores participarán no Concurso de Noveis Deseñadores da XXVI Mostra do Encaixe
Premiados Concurso Xovenes Diseñadores Mostra Encaixe 2016 Premiados Concurso Xovenes Diseñadores Mostra Encaixe no ano 2016 Os organizadores da Mostra do Encaixe de Camariñas decidiron onte os finalistas do XXVI Concurso de Noveis Deseñadores de Moda, que se levará a cabo durante a XXIX Mostra entre o días 17 e o 21 de abril de 2019. Nesta ocasión serán 29 os deseñadores que participen no certame. Os finalistas presentarán un total de 24 coleccións e desfilarán en dous grupos: ‘A’ e ‘B’. Hai máis deseñadores ca coleccións debido a que, como permiten as bases, algúns deles preséntanse en grupo. Este certame, creado co obxectivo de promocionar e fomentar a aplicación do Encaixe de Camariñas na moda, xa está totalmente consolidado e é altamente valorado no mundo da moda. Este ano son 15 escolas de moda as que participan, con deseñadores procedentes de toda Galicia, Portugal, Asturias, Barcelona, Sevilla, Granada, Baleares, Zaragoza, Alacante e Madrid. Tal e como afirman desde a organización, a todas estas memorias presentadas entregaráselles unha cantidade de encaixe por valor de 300 euros, segundo catálogo e tarifa establecida de antemán polas asociacións de encaixeiras do municipio de Camariñas. 4.500 euros en premios Así mesmo, nesta edición repartiranse un total de 4.500 euros en premios. O xurado estará integrado por personalidades do mundo da moda ou que teñan relación con ela dalgún xeito e decidirán que deseñador recibe o primeiro premio, de 2.100 euros, o segundo, de 1.200 euros, e o terceiro, de 600 euros. Ademais, haberá un xurado popular formado por 10 persoas que se atopen no desfile escollidas ao azar e que serán os encargados de entregar o ‘Premio especial do público’, valorado en 600 euros. Os catro premios daranse a coñecer o domingo, día 21 de abril, na clausura da XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas.

Comentarios