Sábado. 24.08.2019
El tiempo

3 de cada 4 nenos de Bergantiños pasan máis de 2 horas diante dunha pantalla

3 de cada 4 nenos de Bergantiños pasan máis de 2 horas diante dunha pantalla
Xose Maria Aran M Pilar Mata e Miriam Romero de Vieiro copia A secretaria de Vieiro Mª Pilar Mata, o Vicepresidente Xosé María Arán, e a Educadora Social Mirian Romero presentando o estudo "Hábitos dos Menores na rede" Videoxogos, youtube, whatsapp, series, redes sociais, debuxos… Son ducias de posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías para que os máis pequenos esquezan o aire libre e pasen horas e horas pegados á pantalla. Xa en abril a Asociación Vieiro alertaba do uso abusivo dos nosos cativos das novas tecnoloxías, e este pasado mes ratifica as súas sospeitas con outro estudo. Un estudo, “Hábitos dos menores na rede”, realizado no marco do programa de prevención “Desenrédate”, no que participaron un total aproximado de 1.100 escolares de educación secundaria con idades comprendidas entre os 12 e 16 anos. A idea é facer un diagnóstico para coñecer o tempo de dedicación e forma de uso das novas tecnoloxías para poder coñecer mellor os riscos e as oportunidades do problema. Dende Vieiro lembran que as horas recomendadas polos expertos para esta etapa evolutiva non deben superar as 2 horas, e vemos nos datos recollidos que esa cifra é superada por tres cuartas partes dos nenos entrevistados. Si ademais engadimos que parte do día están o centro escolar, os datos son alarmantes xa que o tempo dedicado ás novas tecnoloxías excede largamente o recomendado. Nese sentido, os profesionais da asociación destacan a responsabilidade da familia na adquisición e control dos videoxogos nos que ocupan o tempo de lecer os/as menores, recomendando prestar especial atención ás idades recomendadas e aos contidos destes.

”Pantalleos”

Na seguinte táboa preséntanse as porcentaxes das horas que os nenos/as dedican a “pantalleos” entendidos estes como calquera momento do día no que estean diante dunha pantalla: Uso dos nenos das novas tecnoloxias-Fonte-Vieiro Uso dos nenos das novas tecnoloxias-Fonte-Vieiro

Cantas horas dedicas diariamente a pantalleos de luns a xoves?


0-2 h 2-4 h 4-6 h6-8 h8-10 h10-12h12-14h+ de 14h
23,77% 25,16% 22,04% 10,81% 6,14% 5,38% 3,78% 2,92%

Cantas horas dedicas diariamente a pantalleos de venres a domingo?


0-2 h 2-4 h 4-6 h6-8 h8-10 h10-12h12-14h+ de 14h
7,65%17,53%19,86%17,81%13,12%8,64%9,12%6,27%

Conclusións

Obsérvanse claras diferenzas no uso das novas tecnoloxías entre a semana e o fin de semana. De luns a venres o tempo de dedicación é menor que no fin de semana, vemos que as maiores porcentaxes distribúense neste caso nos primeiros intervalos, é dicir entre 0 e 6 horas. No fin de semana as porcentaxes van aumentando cara a un maior número de horas. As porcentaxes máis altas sitúanse nos intervalos de 4-6, 6-8 e 2-4 horas. Son significativos e preocupantes as porcentaxes que se rexistran nas demais franxas horarias, reflectindo un uso abusivo das novas tecnoloxías da información e comunicación.

O “móbil”, o favorito

Os/as menores que participaron na enquisa ocupan o seu tempo de lecer con algún tipo de dispositivo electrónico, sendo o smartphone o máis utilizado xa que desde el accédense a numerosos contidos, xogos, Internet e redes sociais como WhatsApp e Instagram, as máis utilizadas polos adolescentes. Outros dos dispositivos máis empregados son por orde de preferencia: Tablet, ordenador e videoconsola. Estes últimos son utilizados normalmente para xogar a diferentes tipos de xogo, entre os que destacan: Fornite, xogo de supervivencia “todos contra todos”, moi de moda entre os adolescentes ao tratarse dun xogo gratuíto para descargar en videoconsolas e tablets; Clash Royal, xogo combinado de cartas e estratexia; Fifa, xogo de fútbol; Minecraft, famoso por ser un xogo creativo de construción de “mundos abertos”; o GTA, que mestura varios estilos de xogo, nada recomendado polas escenas de violencia, prostitución, etc. que o acompañan e indicado para maiores de 18 anos. Tamén goza de moita reputación a aplicación electrónica do tradicional xogo “Parchís”, que permite competir online con amigos/as e/ou deconocidos/as. Moitos destes xogos non son recomendados para a idade dos encuestados, xa que están indicados para maiores de 18 anos seguindo o código PEGI.

Valoración de vieiro

De todos é coñecido que os nosos nenos naceron na era dixital digital, pero iso non significa que saiban utilizalas de xeito adecuado e responsable. É responsabilidade de familias e educadores/as o facilitar unha incorporación positiva da tecnoloxía e un bo uso da mesma. As potencialidades son infinitas e os riscos evitables por iso necesitan límites, xa que un consumo excesivo ou inadecuado pode afectar negativamente tanto ao seu saúde como ao seu desenvolvemento persoal e escolar. Esta realidade mostra a necesidade do labor preventiva que desde Vieiro e través do programa preventivo Desenrédate intenta proporcionar información sobre vantaxes e riscos das novas tecnoloxías, formación teórico-práctica para un uso seguro e a promoción de alternativas de lecer saudables. Do mesmo xeito que ocorre con outros instrumentos da vida cotiá, os máis pequenos precisan de normas para convivir coas posibilidades do mundo digital e deben ser instruídos achega dun uso correcto e que non implique riscos, xa que un uso excesivo de pantallas conlleva problemas de saúde, como alteracións de soño, irascibilidad, agresividade, máis risco de déficit de atención, trastornos de alimentación, obesidade… Ademais, cando os contidos son inadecuados á súa idade, poden desenvolver comportamentos violentos ou acabar tendo unha imaxe distorsionada da sexualidade.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/vieiro-constata-o-uso-abusivo-das-novas-tecnoloxias-entre-os-menores/ https://quepasanacosta.gal/en-internet-20-minutos-e-moito-20-horas-e-un-mundo/ https://quepasanacosta.gal/o-95-dos-adolescentes-enganchanse-a-internet/

Comentarios