300 vehículos á venda na nova edición de Berocasión


Serán uns 300 vehículos os que se porán nos expositores da nova edición da Berocasión, a Feira de Vehículos de Ocasión de Carballo. Son 7 as empresas (Automóbiles Dimiolk, Caeiro, J. Lema, Miguelauto, Rebalcars, Vilas Rama e Grupo Breogán) que participan activamente nunha feira organizada polo propio sector e que conta coa colaboración do Concello de Carballo.
A cita será esta fin de semana de 26 e 27 de agosto, coincidindo coa última feira do período vacacional por excelencia, como xa vén sendo habitual. O parque Rego da Balsa servirá de expositor de turismos, furgonetas e todoterros, cun plus en canto a garantías, prezo e financiación. Os empresarios do sector animan aos posibles interesados a aproveitar as vantaxes da feira.
Tendes toda a información no Facebook de Berocasión.
Fonte
- Concello de Carballo.