Venres. 19.04.2024
El tiempo

5 bloggers visitan a Costa da Morte coa CMAT

Eva Abal de unaideadeviaje xa ten pasado pola Costa da Morte copia
Eva Abal, de @unaideadeviaje, xa ten pasado pola Costa da Morte
5 bloggers visitan a Costa da Morte coa CMAT

Costa da Morte Asociación Turística (CMAT), entidade que xestiona a promoción do xeodestino Costa da Morte, vén de convidar a cinco bloggers profesionais especializados en viaxes a vivir a experiencia do Camiño de Fisterra e Muxía para dalo a coñecer nas súas redes sociais, que chegan a uns 130.000 seguidores de todo o mundo, e nos seus blogs.

Bo Saldaña, de El mundo ok; Leticia Pérez, de Trucos viajeros; Eva Abal, de Una idea un viaje; Dani Keral, de Un viaje creativo; e Alberto Ribas, de Al vientooo son os participantes na campaña “O Camiño Continúa”, impulsada pola CMAT, que preside Mónica Rodríguez, coa colaboración da Deputación da Coruña para promocionar o Camiño de Fisterra e Muxía ao seu paso pola Costa da Morte no Ano Santo Xacobeo 2021.

A iniciativa, que se deselvolverá na semana do 13 ao 19 de setembro, inclúese no programa de axudas a entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos para a mellora da calidade, competividade e actividades turísticas no 2021.

Partirán de Santiago, e farán diversos tramos do Camiño de Fisterra e Muxía, chegando o venres 17 á vila da Barca, para pasar a fin de semana espallados pola zona.

Comentarios