Os 5 proxectos produtivos que recibirán subvención do GDR
A Xunta Directiva da Asociación Costa da Morte - GDR, presidida por Manuel Muíño, celebrada esta semana, revisou as solicitudes de axuda presentadas ata o 03/06/2021 ao Programa Leader 2014-2020 para a convocatoria 2021-2022, aprobando unha selección de 9 proxectos, por un total de 68.000€ para os proxectos non produtivos (propostas dos concellos nomeadamente) e máis de 440.000 para os produtivos.
Proxectos Produtivos Seleccionados
- 1.- “Ampliación Centro Canino en Brandomil”, en Brandomil (Zas). O orzamento admitido ascende a 422.100,00€, e o importe da axuda sitúase nos 125.000,00€.
- 2.- “Ampliación Comercio de Maquinaria e Ferretería”, en San Roque (Coristanco). O orzamento admitido ascende a 159.670,25€, e o importe da axuda sitúase nos 55.565,25€.
- 3.- “Creación Pensión de 3 estrelas”, en Os Muíños (Muxía). O orzamento admitido ascende a 218.950,00€, e o importe da axuda sitúase nos 74.443,00€.
- 4.- “Casa de Turismo Rural en Cillobre”, (A Laracha). O orzamento admitido ascende a 370.436,25€, e o importe da axuda sitúase nos 121.503,09€.
- 5.-“Construción de planta de tratamento de residuos no Polígono Industrial de Cee”. O orzamento admitido ascende a 204.067,82€, e o importe da axuda sitúase nos 65.301,70€.
Proxectos Non Produtivos Seleccionados
- 1.- “Suministro de material informático para Aula Informática do Edificio de Servizos Múltiples”, en San Roque (Coristanco). O orzamento admitido ascende a 13.697,15€, e o importe da axuda sitúase nos 11.615,18€.
- 2.- “Elaboración da numeración dixital do concello de Ponteceso”, en Ponteceso. O orzamento admitido ascende a 56.019,31€, e o importe da axuda sitúase nos 38.000,00€.
- 3.- “Dotación equipamento para aulas de formación e punto de acceso a internet” en Cee. O orzamento admitido ascende a 17.667,58€, e o importe da axuda sitúase nos 13.356,69€.
- 4.- “Intervención arqueolóxica no Camiño de Pedra do Altar en Brandomil”, en Brandomil (Zas). O orzamento admitido ascende a 7.980,16€, e o importe da axuda sitúase nos 5.234,98€.
En agarda
Quedaron en lista de agarda outros 6 Proxectos:
- 1.- “Campamento de Turismo Air-Fervenza” (Dumbría)
- 2.- “O Calamar Xigante Casa Rural Eco-Sostible en Galicia” (Carnota)
- 3.- “Creación de empresa auxiliar de servizos de instalación de tubería” (Corcubión)
- 4.-“Proxecto de melloras tecnolóxicas en planta de pensos compostos” (Vimianzo)
- 5.-“Lavandería Autoservizo” (Ponteceso)
- 6.- “Spa Hotel Áncora” (Fisterra)
Ademais, 5 proxectos quedaron excluídos 2 por desistencia dos promotores, e outros por non presentar a documentación requirida, por non ser elixible ao abeiro das fichas de elixibilidade das bases ou porque os gastos propostos no orzamento do proxecto non son subvencionables.
Igualmente outros dous desistiron no medio do camiño.