6 concellos acaparan as 10 Bandeiras Azuis da Costa da Morte

Izado da Bandeira Azul na praia de Caión o ano pasado. Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña
  • Laxe recupera a súa icónica Bandeira Azul.
  • A Costa consegue un Porto e tres Sendeiros Azuis.

A ADEAC vén de anunciar as praias, portos e sendeiros que terán o distintivo de Bandeira Azul este verán. Este ano mantemos o nivel, coa novidade de que a Costa recupera a Bandeira Azul da Praia de Laxe, despois de que goberno anterior considerase “inasumibles” as esixencias o ano pasado. A praia laxense era das máis icónicas en materia de certificados de calidade.

Concellos como o da Laracha manteñen o seu compromiso tendo Bandeira Azul na praia de Caión, no Centro Centro Azul de Interpretación de los Molinos de Agua de la Costa da Morte Golmar (A Laracha) e no Sendeiro Azul.

O C.N. de Camariñas será o único Porto con Bandeira Azul da Comarca, demostrando tamén o compromiso do Concello camariñán, que consegue 4 Bandeiras (unha praia, un sendeiro, un Centro e un Porto)

. Pola contra, temos 3 Sendeiros Azuis, cos seus percorridos perfectamente recollido na web senderosazules.org. E ademais temos dous dos Centros Azuis de toda a provincia.

Praias da Costa da Morte con Bandeira Azul 2020

 

Concello Praia
Camariñas Arou
Carballo Pedra do Sal
Razo
Saíñas
Dumbría Ézaro
A Laracha Caión
Laxe Laxe
Ponteceso A Ermida
Balarés
O Osmo

 

Sendeiros Azuis da Costa da Morte 2020

 

Portos da Costa da Morte con Bandeira Azul 2020

  • C.N. de Camariñas.

Centros Azuis da Costa da Morte con Bandeira Azul 2020

  • Centro de Interpretación de los Molinos de Agua de la Costa da Morte Golmar (A Laracha)
  • Museo Man de Camelle (Camariñas)

 

NOVAS RELACIONADAS