![Arriba, os Sendeiros de Razo-Baldaio e a Ruta Costa da Morte de Camariñas. Abaixo as praias do Ézaro e de Laxe. Todos lucirán a Bandeira Azul este verán de 2018]()
Arriba, os Sendeiros de Razo-Baldaio e a Ruta Costa da Morte de Camariñas. Abaixo as praias do Ézaro e de Laxe. Todos lucirán a Bandeira Azul este verán de 2018
A
Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor acaba de publicar a relación de praias, portos e
sendeiros (unha novidade este curso), que lucirán
Bandeira Azul este verán de 2018. Cómpre destacar que
Galicia está na zona alta das catalogacións, acaparando case un 25% das 590 bandeiras azuis de toda España, e ocupando a primeira posición no número de recoñecementos para os sendeiros azuis.
Entre os sendeiros recoñecidos temos o
Sendeiro Costa da Morte de Camariñas e a
Senda de Mar: Razo-Baldaio, en Carballo.
Precisamente Carballo protagoniza a novidade deste ano en canto ás praias con Bandeira Azul, pois
Razo recupera a catalogación perdida o ano pasado. Fan así 10 as bandeiras azuis este ano, ás
mesmas que o ano pasado, pois
a Costa perde a Bandeira da praia fisterrá de Langosteira (zona norte).
Carballo e Ponteceso, con 3 bandeiras son os concellos máis recoñecidos, mentres
Muros, Dumbría, Camariñas e Laxe apostan pola súa praia forte.
En canto aos Portos deportivos, se o
Club Náutico de Camariñas xa é un clásico da Bandeira Azul, o
Porto de Muxía repite recoñecemento despois de entrar o hai dous anos na roda da Bandeira Azul.
Os criterios esixidos para a obtención de bandeiras azuis están relacionados coa calidade das augas, que ten que ser excelente; a seguridade, a completa dotación de servizos, a accesibilidade, a atinada xestión ambiental e a sustentabilidade dos areais e das dársenas. Ao mesmo tempo a consecución da Bandeira require un gran das administracións locais que, en todo caso, de seguro que ten a súa recompensa en materia de imaxe turística e mesmo autopromoción..
Praias con Bandeira Azul da Costa da Morte
Concello |
Praia |
Muros |
San Francisco |
Dumbría |
Ézaro |
Camariñas |
Arou |
Laxe |
Laxe |
Ponteceso |
Valarés
Ermida
Osmo |
Carballo |
Razo
Saíñas
Pedra do Sal |
Sendeiros azuis na Costa da Morte (novos en 2018)
Concello |
Sendeiro |
Camariñas |
Sendeiro Costa da Morte |
Carballo |
Senda de Mar: Razo-Baldaio |
Portos Deportivos con Bandeira Azul da Costa da Morte
Porto |
Concello |
Porto de Muxía |
Muxía |
Club Náutico Camariñas |
Camariñas |
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)