Luns. 20.05.2019
El tiempo

A Costa da Morte perde dúas das históricas praias con Bandeira Azul

Camariñas, Carballo e Ponteceso ratitican a súa aposta polos distintitivos de calidade
 

A Praia de San Francisco de Muros perde a Bandeira Azul
A Praia de San Francisco de Muros perde a Bandeira Azul
A Costa da Morte perde dúas das históricas praias con Bandeira Azul

Esta mañá, aAsociación de Educación Ambiental y del Consumidor acaba de publicar a relación de praias, portos, sendeiros e “centros” (a novidade este curso), que lucirán Bandeira Azul este verán de 2019. Un momento ao que a Costa da Morte sempre está atenta tendo en conta a importancia do sector turísitico na comarca, e a repercusión que implican estes distintivos a nivel estatal. Un distintivo que, pola contra, ten unha marea de esixencias a nivel municipal.

Galicia mantén a segunda posición, detrás de Valencia, como unha das primeiras comunidades da península (cómpre ter en conta o maior número de quilómetros de costa do noso litoral) con 107 praias con Bandeira Azul e outras 62 bandeiras entre portos deportivos, sendeiros e aulas e centros da natureza.

Na Costa da Morte, dúas históricas praias como eran as de San Francisco (Muros) e Laxe, perden o distintivo de calidade. En Muros, saíu denegada a petición, en principio por un problema herdado do verán pasado, cando xa non puideron izar a Bandeira por non conseguir os socorristas necesarios para cumprir os requisitos. En Laxe foron as "inasumibles" esixencias medioambientais cas dunas as culpables da retirada

Polo lado positivo, os concellos de Dumbría, Camariñas, Ponteceso e Carballo manteñen a súa aposta por cumprir os requisitos. O dous concellos bergantiñáns son os máis comprometidos con 3 bandeiras por termo municipal.

Camariñas e Carballo manteñen os selos para os seus Sendeiros, o Sendeiro Costa da Morte camariñán e a Senda do Mar Razo-Baldaio.

Ademais, Camariñas repite o distintivo de Centro Azul coa inclusión do Museo Man de Camelle.

PRAIAS CON BANDEIRA AZUL DA COSTA DA MORTE 2019

Dumbría Ézaro
Camariñas Arou
Ponteceso Valarés
Ermida
Osmo
Carballo Razo
Saíñas
Pedra do Sal

SENDEIROS AZUIS DA COSTA DA MORTE 2019

Sendeiro Costa da Morte Camariñas
Senda do Mar Razo- Baldaio Carballo

Centros Azuis da Costa da Morte

Camariñas Museo Man de Camelle

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios