6 concellos acaparan as 10 Bandeiras Azuis da Costa da Morte
- Laxe recupera a súa icónica Bandeira Azul.
- A Costa consegue un Porto e tres Sendeiros Azuis.
A ADEAC vén de anunciar as praias, portos e sendeiros que terán o distintivo de Bandeira Azul este verán. Este ano mantemos o nivel, coa novidade de que a Costa recupera a Bandeira Azul da Praia de Laxe, despois de que goberno anterior considerase “inasumibles” as esixencias o ano pasado. A praia laxense era das máis icónicas en materia de certificados de calidade.
Concellos como o da Laracha manteñen o seu compromiso tendo Bandeira Azul na praia de Caión, no Centro Centro Azul de Interpretación de los Molinos de Agua de la Costa da Morte Golmar (A Laracha) e no Sendeiro Azul.
O C.N. de Camariñas será o único Porto con Bandeira Azul da Comarca, demostrando tamén o compromiso do Concello camariñán, que consegue 4 Bandeiras (unha praia, un sendeiro, un Centro e un Porto)
. Pola contra, temos 3 Sendeiros Azuis, cos seus percorridos perfectamente recollido na web senderosazules.org. E ademais temos dous dos Centros Azuis de toda a provincia.
Praias da Costa da Morte con Bandeira Azul 2020
Concello | Praia |
Camariñas | Arou |
Carballo | Pedra do Sal Razo Saíñas |
Dumbría | Ézaro |
A Laracha | Caión |
Laxe | Laxe |
Ponteceso | A Ermida Balarés O Osmo |
Sendeiros Azuis da Costa da Morte 2020
- Sendeiro de Saldoiro (Laracha).
- Sendeiro Costa da Morte (Camariñas).
- Sendero do Mar Razo-Baldaio (Carballo).
Portos da Costa da Morte con Bandeira Azul 2020
- C.N. de Camariñas.
Centros Azuis da Costa da Morte con Bandeira Azul 2020
- Centro de Interpretación de los Molinos de Agua de la Costa da Morte Golmar (A Laracha)
- Museo Man de Camelle (Camariñas)
NOVAS RELACIONADAS
- 2019: As "inasumibles" esixencias da Bandeira Azul da praia de Laxe.
- 2019: A Costa da Morte perde dúas das históricas praias con Bandeira Azul.
- 2018: 10 praias, 2 sendeiros e 2 portos da Costa da Morte lucirán Bandeira Azul este verán.
- 2017: As praia de Arou e 3 areais pontecesáns amplían a 10 as Bandeiras Azuis da Costa da Morte.
- 2016: A Costa da Morte mantén as súas 6 bandeiras azuis.
- 2015: 6 praias da Costa da Morte lucirán a Bandeira Azul este verán.
- 2014: 6 Bandeiras Azuis ondearán este verán nas praias da Costa da Morte.
- 2013: 9 praias da Costa da Morte lucirán este verán a Bandeira Azul.
- 2012: 8 praias e un porto deportivo da Costa da Morte lucirán Bandeira Azul este verán.
- 2012: A praia de Laxe, a única praia da Costa da Morte coa Q de Calidade.
- 2011: A única praia con dúas bandeiras.
- 2011: A Costa da Morte recupera, e perde, varias Bandeiras Azuis.
- 2011: A de Laxe, a única praia con dúas Bandeiras de calidade.