68 establecimentos de Carballo únense á campaña Ecovidro
Carballo Limpo e Ecovidrio, a asociación sen ánimo de lucro que xestiona o reciclado dos envases de vidro depositados nos colectores de toda España, colaborarán conxuntamente nunha innovadora campaña para facilitar a recollida e reciclado dos residuos de envases de vidro en locais hostaleiros da localidade.
A devandita campaña arrincará en breve e nunha primeira fase, tras un traballo de campo previo xa realizado para detectar obxectivos, procederase á realización de enquisas a preto de 70 establecementos por parte de técnicos de Ecovidrio, co obxectivo de informar desta iniciativa, e detectar as necesidades dos hostaleiros para facilitarlles o reciclado dos envases vidro.
A idea é repartir cubos con rodas adaptados, aos establecementos que previamente o solicitasen para facilitar o reciclado de vidro. Ademais instalaranse 11 novos colectores especiais tipo VACRI (Volteo para a Asistencia de Colectores Rodantes Individuais). Así, o cen por cen do vidro depositado nos colectores se recicla e é usado para fabricar novos envases de vidro, logrando numerosos beneficios ambientais.
HORECA, un sector clave para aumentar a cantidade de vidro reciclado
O sector HORECA (Hostalería, Restauración, Cafeterías) é fundamental para incrementar os quilogramos de envases de vidro depositados nos colectores, xa que consume o 48% dos envases de vidro. Por iso é tan importante involucralos.
Os colectores de vidro situados nas rúas, serven para recoller unicamente os envases de vidro: botellas, tarros e frascos que se consumen no sector e nos fogares. Hai outros materiais, como poden ser a cerámica ou outros tipos de vidro (pratos, vasos, cristais de ventás, etc.), que ao ter unha composición distinta á do vidro dos envases, deben ser depositados nos puntos limpos dos pobos e cidades.
Que é Ecovidrio?
Esta campaña tamén servirá para seguir elevando e mellorando os quilogramos de residuos de envases de vidro depositados nos colectores da localidade. Segundo os últimos datos dispoñibles, os veciños de Carballo reciclaron un total de 504.320 quilogramos de vidro en 2013, o que supón que cada cidadán reciclou máis de 16 quilogramos de vidro por persoa durante o pasado ano, cifra moi superior á media galega fixada en 13,8 kilos por habitante.
www.ecovidrio.es>Ecovidro é unha asociación sen ánimo de lucro encargada da xestión do reciclado dos residuos de envases de vidro nos colectores de toda España. Ecovidro encárgase de xestionar a recollida selectiva de envases de vidro mediante a instalación de colectores para facilitar a colaboración cidadá e garantindo o seu reciclado. Ademais, realiza campañas de sensibilización cidadá e promove a prevención estimulando a redución do volume dos residuos que se xeran.
Novas relacionadas
- Aspaber seguirá limpando as rúas de Carballo.
- Os peques de Vimianzo reciclan por natureza.
- O Enxeño Galego: O retrete floreiro.
- “Os composteiros caseiros son moi agradecidos, bótaslles residuos e devólvenche compost”.
- Reciclando os aceites domésticos en Corcubión.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).