Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Enxeño Galego: O retrete floreiro

O Enxeño Galego: O retrete floreiro

Recuperamos a sección do Aquí non se tira nada rebautizada como “O Enxeño Galego”, dándolle unha volta á típica estampa do reciclaxe máis auténtico do país, que para nós está moito máis cerca do enxeño e a orixinalidade que da Chapuza, como a catalogan outros medios.

E de floreiros xa temos falado, coas vertentes do tambor floreiro, ou do penico floreiro. Hoxe, imos ata Carnota, onde Cristina Vázquez nos leva ata a casa de Lola do Cine para amosarnos esta xoia: o retrete floreiro.

A propia Cristina define o artiluxio: “Unha jallejiña, que aproveita todo. Todo é ter imaginación e sacar a moda!!”. Pois iso!

Retrete Floreiro made in lola do Cine-Carnota-Foto-Cristina Vazquez copia

O Enxeño Galego

Fonte

Comentarios