Os 751 Bens inmatriculados pola Igrexa na Costa da Morte
Parcelas, fontes, ermidas, igrexas, cemiterios, templos, atrios, fincas, leiras, santuarios, casas reitorais, adros, igrexarios, montes, campos, vivendas, canles… mesmo ríos. Toda clase de lugares hai no amplo Listado de Bens inmatriculados pola Igrexa Católica na Costa da Morte, a nome do Arzebispado de Santiago de Compostela na súa maioría.
Tamén hai casos rexistrados a nome de Parroquias como a do Divino Espírito de Camelle (Camariñas), Santa Baia de Brens (Cee), Parroquia de San Marcos, Parroquia de San Martiño de Olveira (Dumbría), Parroquia de San Martiño de Duio (Fisterra), Igrexa parroquial de San Pedro (Muros), Parroquia de San Martiño de Touriñán (Muxía), Parroquia de San Martiño de Castrelo (Vimianzo), Parroquia de San Tirso de Muiño (Zas) ou a Parroquia de San Julián de Santa Sabiña (Santa Comba).
En calquera caso, o Arzobispado de Santiago de Compostela é o gran terrateniente da nosa comarca. De feito, só Dumbría, Santa Comba Corcubión teñen todas as súas propiedades a nome das súas Parroquias. Neste caso, semella que a vila de San Marcos fai valer o que conseguía o pobo de Corcubión e o heroe Rioboó na batalla de 1457 representada cada ano no Desembarco de cada Mercado Medieval da Costa da Morte, impedindo a invasión das tropas do Arzobispo Rodrigo de Luna.
Bens por Concellos
Concello |
Nº Bens |
Cabana | 57 |
Camariñas | 30 |
Carnota | 15 |
Carballo | 106 |
Cee | 20 |
Corcubión | 2 |
Coristanco | 56 |
Dumbría | 42 |
Fisterra | 11 |
A Laracha | 50 |
Laxe | 12 |
Malpica | 34 |
Mazaricos | 29 |
Muros | 27 |
Muxía | 29 |
Ponteceso | 40 |
Santa Comba | 38 |
Vimianzo | 97 |
Zas | 56 |
TOTAL | 751 |
Carballo e Vimianzo son os que teñen máis patrimonio eclesiástico, sendo o pequeno Corcubión o que menos bens ten. Fisterra e Laxe non superan a ducia de bens.
A historia do proceso
Moi recente, de 2018, a norma que faculta á Igrexa á inmatricular todos os seus Bens, despois de que o goberno central así o instase trala polémica xurdida polo impago do Imposto de Bens Inmuebles (IBI) durante séculos.
Pero a historia vén herdada da mala práctica das administracións dende a Lei Hipotecaria de 1946 que permitía que tanto o Estado como a Igrexa (esta foi “fedataria” pública ata 1978) inmatriculase bens, sempre que o probase, e sempre que non sexa “bens de dominio público” .
En 1998, a reforma da Lei Hipotecaria do goberno de Aznar facultoulle á Igrexa listar os seus Bens, permitindo que se inmatriculasen mesmo os de domino público.
Pero nunca o fixo ata 2018, e a lista non se publicou ata este pasado mes de febreiro de 2021. A Igrexa presentou unha lista con case 35.000 bens, incluídos lugares como a Mezquita de Córdoba (por un valor de 30 euros). A Igrexa puxo o que lle conviña, sen presentar proba algunha, os rexistradores da propiedade miraron para outro lado e os políticos foron cómplices do proceso.