mércores. 05.11.2025
El tiempo

En marcha a creación da necesaria Asociación de Clubs do Fútbol da Costa

Pleno da Futgal na Costa
Imaxe do pleno de xullo da RFGF en Baio
En marcha a creación da necesaria Asociación de Clubs do Fútbol da Costa

Xa o levamos dicindo durante máis dunha década, por iso nos alegra ver que os clubs por fin para a constitución dunha Asociación de Clubs do Fútbol da Costa. Unha entidade que sume, que sirva para xuntarse e ir da man, para defender os intereses do Fútbol costeiro sen necesidade de enfrontarse con ninguén.

Porque nunha sociedade sana e cívica, é normal que as entidades deportivas, sociais ou culturais, establezan lazos para fomentar a unión, aumentar a identidade e unir esforzos, sen necesidade de crear conflitos.

Nas últimas semanas, un grupo de 4-5 clubs están convocando reunións cos resto de clubs para deixar claro que todos e cada un dos 36 clubs da Costa son necesarios, pero que tamén as portas estarán abertas en todo momento. A idea é formar unha directiva de 8-10 persoas que represente a todos os clubs para pelexar por varios obxectivos.

O principal será o de conseguir unha Delegación propia para a Costa, como xa se lle trasladou á directiva da RFGF no plenillo de xullo, e mesmo que o Delegado da Costa sexa proposto polos clubs, “para que nos represente”, sinalan.

Buscarán tamén conseguir cartos para poder darlle servizos aos clubs, dende regalar uns balóns, pagar unhas fichas, ata conseguir un administrativo que axude aos clubs na tramitación de axudas e demais trámites.

Segundos os clubs promotores “as reaccións están sendo positivas, porque a maioría da xente considera necesaria a creación da Asociación para ir en común”.

Máis novas relacionadas

Comentarios