Venres. 29.03.2024
El tiempo

8 concellos da Costa da Morte únense á Rede Galega de Praias sen fume

O Ezaro recibiu o Diploma de Ouro da Rede de Praias sen fime
Iván Pequeño e César Ferrío recibiron o Diploma de Ouro da Rede de Praias sen fume para Dumbría
8 concellos da Costa da Morte únense á Rede Galega de Praias sen fume

Das 141 praias sen fume de Galicia, 17 son da Costa da Morte. Un aumento espectacular tralas 5 do ano pasado, demostrando que esta iniciativa, pioneira en todo o estado, ten moito percorrido. A Rede Galega de Praias sen Fume nace cun fin educativo e de sensibilización social e parece que vai permitir crear concienciación.

Dos 8 concellos da bisbarra que se unen á Rede, mención especial merecen os de Corcubión, Cabana e Dumbría, pois apostan por esta catalogación nos únicos areais que dispoñen. A Consellería de Sanidade quixo entregarlles o diploma de ouro desta Rede.

Non existe vixilancia, nin sanción para o incumprimento, é unha elección voluntaria e persoal seleccionar unha praia sen fume como lugar de ocio, e polo tanto o seu cumprimento é unha responsabilidade persoal conseguindo así a participación activa da sociedade.

Cabana e Corcubion teen todas as suas Praias sen fume na Costa da Morte
Cabana e Corcubión tamén teñen todas as súas Praias sen fume 

Praias sen fume da Costa da Morte

  • Corcubión (Praia de Quenxe, portiño de Santa Isabel).
  • Muxía (Praia da Cruz e Praia Area Maior).
  • Camariñas (Arou, Lingunde e O Ariño).
  • Muros (O Cabo ou O Castelo).
  • Ponteceso (A Hermida, Balarés, Niñóns, Osmo).
  • Dumbría (Praia do Ézaro).
  • Carnota (Caldebarcos, Lariño e Mar de Lira) .
  • Cabana (Praia de Rebordelo).

Novas relacionadas

Comentarios