A AECC de Cee estrea directiva con María Divinas Areas á cabeza
08:12 20/06/18
A nova xunta directiva da AECC de Cee prevé realizar charlas informativas nas área de Cee, Corcubión e Dumbría
María Divina Areas Branco - antiga profesora no colexio Eugenio López de Cee - é a nova presidenta da delegación de Cee da AECC (Asociación Española Contra o Cancro). Así se decidiu na votación que tivo lugar durante a asamblea celebrada o pasado 14 de xuño.
O nombramento fíxose oficial nun acto ao que asistiu a presentante da AECC provincial ademais de socios e socias da entidade ceense. A nova xunta directiva ten previsto realizar distintas campañas de sensibilización sobre o cancro na zona de Cee, Corcubión e Dumbría. Ademais destas charlas, a traballadora social da asociación dará a coñecer todas as axudas e servizos dispoñibles na propia entidade para as persoas afectadas pola enfermidade (sexan ou non socias) e os seus familiares.
Dende a delegación de Cee recordan que a asociación conta cun número de teléfono INFOCÁNCER (900 100 036) a través do cal se poderá resolver calquera dúbida ou preocupación na materia. Éste é un servizo gratuíto e dispoñible as 24 horas do día, os 7 días da semana.
Próxima cita
A próxima cita para colaborar coa asociación será en Dumbría, o 22 de xullo, no marco da festa da Familia de Berdeogas, onde a AECC disporá dunha carpa informativa.
Novas relacionadas
- Abril 18: A Xunta Local de Cee da AECC celebra a súa primeira comida benéfica
- Marzo 18: A fervenza do Ézaro, de verde polo Día Mundial do Cancro de Colon.
- Febreiro 18: A Costa da Morte conmemorou o Día do Cancro.
- Novembro 17: Nace en Cee a xunta local da Asociación Española Contra o Cancro.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).