A CIG alerta ante ao posible desmantelamento das especialidades no Centro de Saúde carballés
Zonas dispersas como a nosa sufre, se cabe, máis, os recortes en Sanidade. E un exemplo parece que o estamos vendo en Carballo, onde, segundo a CIGA, o “Sergas está obrigando a pacientes de Ponteceso e Cabana a ter que desprazarse o doble de kilómetros para ir a facer Ecografías a Cee en vez de a Carballo”.
O sindicato considera que “existe unha ameaza real de desmantelamento do Centro de Especialidades de Carballo”, e así o veñen percibindo en medidas que desde hai tempo se están adoptando por parte do Sergas, por exemplo, derivando pacientes para facer ecografías ao Hospital de Cee.
Aseguran que “en Carballo só se fan ecografías os venres, e xa temos advertido desde a CIG anteriormente do peche de axendas”.
E fan contas. Desde o centro de Ponteceso ata Carballo hai uns 21 kilómetros de distancia, por unha estrada en boas condicións, cando a Cee hai máis de 50 kilómetros por estradas secundarias e en malas condicións. “Semella que ao Sergas o que menos lle importan son as persoas, e o único que lles preocupa é cadrar os orzamentos”, sinalan.
Máis recortes
”Non é o único caso o das ecografías”, denuncian. “Tamén están detectando pacientes de Xinecoloxía que son derivadas ao Hospital Teresa Herrera (Materno) ou incluso a privados como o Santa Teresa. Será que teñen previsto pechar axendas durante o verán e non substituír aos especialistas?”, pregúntanse.
Cruz Vermella celebrou o seu Día
Mentres, Cruz Vermella Carballo trasladou á feira do domingo día 11 de maio a conmemoración desta data.O 8 de maio conmemórase o Día Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella, en lembranza do nacemento do seu fundador, Jean Henry Dunant. Este ano ademais Cruz Vermella celebra o seu 150 aniversario, polo que esta celebración adquire unha condición máis especial.
Así, a Asemblea Local de Cruz Vermella en Carballo conmemorou esta data na feira do domingo 11 de maio, durante a cal voluntarios e voluntarias da Cruz Vermella en Carballo instalaron un stand na Praza do Concello no que tódalas persoas que se acercaron tiveron a oportunidade de informarse dos proxectos e actividades que se desenvolven dende a Asemblea, ademais de sacarse unha foto co cartel de felicitación do 150 aniversario.
A acción tivo moi boa acollida entre as persoas que se achegaron ata a feira dominical, así como entre os propios vendedores dos diferentes postos que tamén se uniron á felicitación; ademais achegáronse persoeiros da corporación do goberno local, para participar neste acto de celebración.
Novas relacionadas
- A Xunta confirma a toxicidade das augas do Monte Neme.
- 1000 firmas por un servizo de pediatría decente para Cee e Corcubión.
- A privatización do Sergas.
Fonte
- Nota de prensa de CIG Saúde.