A CIG denuncia ao Carrefour Market de Cee por impedr unha asemblea informativa


A CIG presentou onte martes 25 de xaneiro de 2010 unha denuncia diante da Inspección de Traballo contra Carrefou Market de Cee por impedir a realización dunha asemblea neste centro de traballo, co obxecto de informar ao persoal sobre as consecuencias da reforma das pensións e comunicar a convocatoria de folga xeral realizada por esta central sindical. Folga que se desenvolverá este xoves 27 de xaneiro e que coñeceremos de preto esta mesma tarde.
Segundo denuncian os delegados sindicais, "a empresa denegou permiso para utilizar a sala de reunións do centro, a pesar de que a dirección xa tiña autorizado en ocasións anteriores a realización neste espazo de asembleas e xuntanzas dos traballadores/as, vulnerando así, entre outros, o dereito fundamental á liberdade sindical; infracción tipificada pola lexislación vixente como moi grave".
Diante destes feitos, a CIG presentou este martes denuncia na Inspección de Traballo, co obxecto de que abra as investigacións oportunas e impoña á empresa as sancións correspondentes. Así mesmo, hoxe mércores, a asesoría da central sindical procederá a presentar no xulgados demanda de tutela de liberdade sindical.
Artigos relacionados
- Sen xeito, con Fran Hermida: Folga Xeral.
Novas relacionadas
- A Costa seguíu levemente a folga do 29S.
- A CIG pide de novo ao Concello de Corcubión que abonen os atrasos á traballadora readmitida.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Notas de prensa da CIG e de Galiza Nova - Costa da Morte e Galiza Nova - Bergantiños.
- Fotografía de Marcos Rodríguez.