Mércores. 09.10.2024
El tiempo

A Costa da Morte prepárase para o eclipse lunar

A Costa da Morte prepárase para o eclipse lunar
luna-sangre Segundo os expertos, o eclipse total será ás 22:21 horas Entre as 21:30 e as 23:13 horas de mañá, a Terra situarase entre o sol e lúa dando lugar ao eclipse lunar máis longo do século. Serán 102 minutos de espectáculo visual no que predominará unha cor vermella, un fenómeno coñecido como "Lúa de sangue". O eclipse total será ás 22:21 horas ainda que en Galicia a lúa verase parcialmente eclipsada. Ainda así este é un fenómeno astronómico deses que non hai que perdelo e para observalo na súa plenitude os expertos recomendan facelo onde a contaminación lumínica sexa escasa. Así Pico de Meda (en Zas), o cabo Vilán, o faro de Fisterra, son algúns dos puntos dende os que se poderá observar este fenómeno. A diferenza dun eclipse de sol, para completar os de lúa non se necesita un equipo especial, xa que non son malos para a vista. Actividades especiais Con motivo deste fenómeno, en Vimianzo e en Ponteceso incluíron na súa programación actividades especiais. Así, o concello de Vimianzo organiza unha visita especial ao Castelo onde se poderán descubrir os segredos da fortificación vimiancesa á luz da lúa. Será ás 22:30 horas e recoméndase reservar a través do teléfono 981 716 001 (ext 1235) ou no correo electrónico [email protected]. En Corme, aproveitando o arranque da III Feira Mariñeira Artesá o concello de Ponteceso apagará o alumeado público ata as 02:00 horas, aproximadamente.   Fonte

Comentarios