Domingo. 13.10.2024
El tiempo

A Deputación abre o prazo para solicitar as axudas para os servizos de Normalización Lingüística

A Deputación abre o prazo para solicitar as axudas para os servizos de Normalización Lingüística
presentacion-deputacion-axudas-normalizacion Goretti Sanmartín presentou as novidades das axudas que se extenden a un maior número de concellos O vindeiro 31 de xaneiro remata o prazo para que os concellos se presenten ás axudas da Deputación da Coruña para a creación, mantemento e reforzo dos Servizos de Normalización Lingüística. A convocatoria - publicada onte no BOP - presenta como unha das novidades a redución de 7.000 a 5.000 o número de habitantes necesarios para concorrer á convocatoria. A área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña abriu onte o prazo de presentación á convocatoria de axudas para a creación e mantemento dos Servizos de Normalización Lingüística dos concellos para a que destina un orzamento de 480.000 €. Precisamente, a Costa da Morte recibiu 108.000€ para este fin durante o pasado exercicio 2016. A área de Normalización Lingüística destina 480.000 € a esta liña de axudas, correspondendo un máximo de 12.000 € a cada beneficiario nunha distribución a partes iguais entre cada un dos participantes no programa. O orzamento continúa a súa liña crecente nesta convocatoria que triplicara o pasado ano o seu orzamento, pasando de 150.000 € aos 432.000 € e duplicara a tamén a cantidade recibida por cada un dos concellos que pasaba así de 6.000 a 12.000 euros. Persoal técnico As axudas económicas destinaranse a financiar as retribucións do persoal técnico dos servizos de normalización lingüística - SNL - municipais co fin de "incrementar o uso e prestixio da nosa lingua en todos os ámbitos e sectores do termo municipal, non só no seo da propia administración". A convocatoria contempla, entre outras funcións dos SNL, o asesoramento a administración en política lingüística, velar polo cumprimento da lexislación na materia, fomentar o uso do galego no conxunto da sociedade, propoñer programas de dinamización ou mesmo mellorar a calidade lingüística e comunicativa da administración. Os servizos funcionarán tamén como elementos de coordinación e apoio entre a Deputación e os concellos en materia de normalización lingüística apoiando e difundindo accións ou á hora de planificar e executar iniciativas conxuntas. O prazo de presentación de solicitudes finalizará ás 14 horas do 31 de xaneiro de 2017. Novas relacionadas Fonte

Comentarios