venres. 09.05.2025
El tiempo

Baio marida letras con tapas e ofertas

Presentacion-Ruta-Tapas-BaiOn
Baio marida letras con tapas e ofertas

Presentouse onte na Praza Jorge Mira Pérez a ruta gastronómica de tapas incluída na campaña comercial “Baio ten as Letras”. Os representantes dos establecementos hostaleiros de Baio, xunto cos membros de BaiOn Asociación e Manuel Muíño Espasandín, Alcalde de Zas, deron conta das propostas que van encher a vila zaseira durante esta fin de semana durante os os días 9, 10 e 11 de maio.

“Ponse en marcha unha campaña comercial consolidada no noso calendario que é un éxito edición tras edición”, sinalou o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, durante o acto desta tarde. “Unha das novidades deste ano é que coorganizamos este evento xunto con BaiOn Asociación polo que, ao igual ca sempre, dende o Concello apoiamos este tipo de iniciativas para revitalizar o noso comercio”, indicou Muíño.

Pola súa banda, representantes da BaiOn Asociación aseguraron “comezar con moita ilusión esta nova etapa” e animaron a vir estes días a Baio xa que haberá durantes os tres días unha ampla oferta de actividades culturais para todos os públicos ademais dos descontos nos comercios locais e da ruta gastronómica de pinchos.

Ruta de tapas

As tapas teñen un custo de 2,5€; 3,50€ unha tapa e un quinto; e 4€ a tapa e un viño. As tapas serviranse nos diferentes establecmentos de 12:00 a 16:00 horas e de 19:00 a 23:00 horas.

Estes son os locais parAcipantes na ruta gastronómica de tapas:

O Calvario
- Albóndigas de tenreira con guarnición
- Flan de caramelo con queixo

Casa Rogelio
- Filloa rechea de langosAno
- Postres variados
- Serranito Casa Roller (venres e domingo)
- Salpicón “Costa da Morte” (sábado)

Bar Trébol
- Fajita
- Tosta de xamón asado e tomate
- Tarta tres chocolates

Cervecería Río Grande
- Solomillo de porco con champiñóns
- Peituga de polo rechea
- Postre sorpresa

Cervecería Mané
- Carrilleras estofadas con puré
- Gulas ó “ajillo” con gambas, xamón serrano e ovo

A Lareira
- Magret de pato con froitos da Fraga (prato especial)

Programa do Baio ten as letras

Programa_Baiotenasletras copia

Comentarios