Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Deputación, disposta a cofinanciar o Centro de Día de Camariñas ante o desdén da Xunta

A Deputación, disposta a cofinanciar o Centro de Día de Camariñas ante o desdén da Xunta
Sandra Insua Valentin Gonzalez Formoso e Juan Carlos Canosa Sandra Insua, Valentin Gonzalez Formoso e Juan Carlos Canosa

Parece claro que a Xunta, que ten as competencias na materia, non está pola labor de abrir nin un Centro de Día en Corcubión, nin unha residencia en Ponteceso, nin tampouco o demandado Centro de Día de Camariñas.

Pero Camariñas non se rinde pese á falta de apoio e compromiso por parte da Xunta, e foi pedir á Deputación da Coruña, entidade que ten a medias o centro corcubionés, pero que parece disposta a cofinanciar a construcción dun centro de día na vila camariñá. A institución provincial realizará un estudo económico dos custes de construción e mantemento que a infraestrutura suporía para a economía municipal.

Insua lembrou as numerosas xestións realizadas ca Xunta, mesmo unha reunión coa Conselleira para desbloquear o proxecto, pero parece evidente que non hai compromiso.

Mellora da pista de Reira

Durante a reunión que a alcadesa Sandra Insua e o concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente Juan Carlos Canosa mantiveron co presidente da Deputación, Valentín González Formoso, tamén se falou da rehabilitación da pista de Reira, un camiño rural que conecta o Cabo Vilán con Santa Mariña, pasando por zonas coma o cemiterio dos ingleses e Monte Branco, e que conta cunha gran afluencia de visitantes, especialmente en verán e Semana Santa.

Este camiño, un dos máis afectados polos temporais do pasado mes de novembro.

Outro dos temas abordados na reunión foi a recuperación do antigo proxecto para a construción de beirarrúas ou dunha senda peonil na marxe da estrada provincial DP 1601, en Camelle de Arriba.

Novas relacionadas

Comentarios